mércores, 4 de febreiro de 2026

Xoves, 5 de febreiro de 2026

 


Moi bo día!
Arrincamos unha nova xornada chea de movemento, alegría e aprendizaxe. Comezamos activándonos xuntos, preparando a voz e o corpo para dar a benvida ao día con enerxía.


Como cada mañá, reunímonos na asemblea para organizarnos, compartir conversas e iniciar o día dun xeito relaxado e participativo.

Durante a mañá dedicaremos tempo ás linguas, traballando a lectura, o vocabulario e a expresión oral, e realizaremos tamén a nosa visita semanal á biblioteca. As Matemáticas estarán presentes, poñendo a proba o pensamento lóxico e o cálculo, e non faltará tampouco a sesión de Plásticana que continuaremos coa preparación dos disfraces de cara ao Entroido.

Ademais, completaredes a xornada coa clase de Ciencias coa mestra Rocío.


Seguimos avanzando con entusiasmo, aprendendo cada día un pouco máis.


Un saúdo,
A profe Sara 💙


Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...