🌞 Bo día, equipo!
Agardamos que a vosa fin de semana fose estupenda e que veñades cargados de enerxía para comezar esta semana 😊.
Hoxe, luns 9 de marzo, abrimos a xornada coa nosa asemblea, guiados polo encargado ou encargada do día, que nos axudará a organizar a xornada e a preparar todo para aprender xuntos.
Traballaremos sobre este conto e ao longo da semana realizaremos unha actividade especial xunto cos compañeiros e compañeiras de Primeiro e Segundo A.
Despois do conto, poñémonos mans á obra:
-
Linguas e Matemáticas: Seguiremos descubrindo cousas novas e practicando o que aprendemos.
-
Lectura: Continuaremos acompañando ao noso querido Lobo Lupas nas súas aventuras 📖🐺.
-
Especialistas: Hoxe recibiremos a visita da teacher Rocío para Inglés, e das profes Pili e Silvia para Relixión e Proxecto Competencial.
Marzo comeza con moita enerxía e moitas ganas de aprender e crecer xuntos! 💙
