mércores, 4 de marzo de 2026

Xoves, 05 de marzo de 2026


 Moi bo día, equipo! 🌟

Hoxe imos a por todas cunha xornada chea de enerxía. Comezamos espertando as neuronas na nosa asemblea, o momento perfecto para compartir ideas. Despois, dedicaremos un tempo a traballar as nosas linguas para, acto seguido, visitar a biblioteca e mergullarnos no mundo dos libros.

Tampouco nos esqueceremos de facer traballar o cerebro coas Matemáticas e, para relaxarnos, sacaremos o talento artístico en Plástica rematando esa manualidade tan chula do xoves pasado. O broche de ouro porao a profe Rocío en Ciencias.

🏆 O RETO DO DÍA: Hoxe non hai números... hai espías! Tedes que atopar un obxecto na aula que comece pola mesma letra que o voso nome. Á volta da biblioteca contádesme!"

Un saúdo,

A profe Sara 💙

Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...