Bos días!!
Xa chegamos ao final desta primeira semana de cole.
Qué rapido pasou...
Coma todos os venres imos despedir a semana cantando
Empezaremos a mañán coa rutina do calendario completando a data, a frase do día e o reto matemático que hoxe consistirá en escribir os números da 1ª decena... ¿¿ recordades cales son??
Tamén comprobaremos se nos olvidamos de cousiñas aprendidas en 1º cunhas fichas de repaso e avaliación inicial.
Para rematar a semana no día de hoxe tedes Educación Física con Maricha.
Despois iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura con Nuria.
Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!
