BO DÍA NENAS E NENOS!!!!
Sabedes que xa chegastes ao final desta semana????
Siii, porque os venres aínda que hai cole comeza a fin de semana... eses días que temos para desconectar, descansar e estar coa familia e cos amigos.
Ademais os venres no cole son diferentes porque seguro que entre vós falades dos plans que tedes para a fin de semana...
Por certo... tedes algún plan para este finde que nos queirades contar?????
QUÉ BEN O IDES PASAR!!!!!
Pois na xornada de hoxe venres imos facer algunha manualidade, relacionada co Proxecto de centro deste ano que se titula " De festa en festa" Ten boa pinta, verdade??
Ademais teredes clase de...
E. F. con Maricha.
Imos pois a recibir este venres como se merece, cantando e bailando a nosa canción favorita:
Empecemos xa ca rutina diaria d@ encargad@ que hoxe é MAIRA!!
- Data
- Tempo
- Emocións
- Autobús, comedor, nenos-a para casa.
Desexamos que teñades unha moi boa fin de semana!!!!
Volvemos o luns!!!!
💙💚💛💜



