xoves, 24 de outubro de 2024

Venres 25 de Outubro de 2024

                                                               Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Que tal onte de excursión?

Que me podedes contar??

A película que visionáchedes, " O pequeno Nicolás" de seguro vos achegou á escola de antes... que cousas cambiaron que agora non facedes no cole?? Era mellor antes ou agora??

Faladeeee

Contáronme que na Biblio temos libros sobre él, apetécevos seguir coñecendo historias e aventuras del??


                Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Virá a profe Nuria para traballar contidos relacionados co ámbito pero tamén relacionados co Samaín que xa está á volta da esquina.

3. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Practicaremos contidos do ámbito tamén relacionados co Samaín.

4. Comezamos a lectura de Lobo Lupas 2 coa mesma dinámica do curso pasado... leremos en colectivo un capítulo na clase e levaredes o libro para casa para volver a lerllo ás vosas familias e completar as actividades de comprensión de ese mesmo capítulo. Rstou desexando escoitarvos!!

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura en Inglés con GABRIELA!!

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!




Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...