domingo, 27 de outubro de 2024

Luns 28 de Outubro de 2024

                                         Moi bos días segundinis!!

Comezamos unha nova semana de cole.

                Hoxe é Luns 28 de Outubro de 2024

    Imos comezar cunha canción relacionada co Samaín ao que adicaremos esta semana.

CANCIÓN 

Os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
No resto da mañá:
1. CALENDARIO: Completamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día.
2. No ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia fonolóxica con distintas actividades.
Continuaremos ademais coas actividades relacionadas co Samaín que comezamos o venres.

Bueno, deixovos traballar...

Ata mañán amiguiñ@s!!





Venres, 6 de marzo de 2026

Ola a todas e a todos! O venres xa está aquí e a aula vibra con outra enerxía! Hoy Es Viernes y Tu Cuerpo Lo Sabe!! 💃🕺 📝 O noso plan de  ...