luns, 28 de outubro de 2024

Martes 29 de Outubro de 2024

                        Moi bo día de Martes!!



Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Imos cas rutinas diarias.
1. Completade o CALENDARIO: O tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Seguimos practicando as operacións básicas da suma e a resta. Recordade que vos tedes que fixar moito se é unha SUMA ou unha RESTA!!!!
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO : Continuamos co tema do Planeta Terra. Falábamos da auga como elemento maioritario, vimos as súas caracterísiticas e tipo de auga que atopamos no planeta.
Falemos hoxe dos diferentes estados nos que nos podemos atopar a auga...
                                VIDEO

Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!


Venres, 29 de maio de 2026

  Bo día a todas e a todos!  ☀️ Por fin chegou o venres! Xa temos o fin de semana aquí mesmo, pero antes de desconectar imos aproveitar este...