Moi bo día de Martes!!
Que gañas tiña de vervos!! Despois de estos dias de descanso e desconexión, de seguro teredes moitas cousas que contarme... así que vos propoño que o fagades na libreta de "Ler e escribir" contándome todo o que fixéstedes nestos días en que non nos vimos...
Ademais hoxe temos que darlle a benvida ao mes de Novembro.
Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Imos cas rutinas diarias.
1. Completade o CALENDARIO: Tedes que rematar o calendario do mes de Outubro e a súa gráfica do tempo e comezar o de Novembro poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Seguimos practicando as operacións básicas da suma e a resta. Recordade que vos tedes que fixar moito se é unha SUMA ou unha RESTA!!!!
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO : Empezaremos cas actividades de avaliación do traballado ata o de agora no proxecto.
4. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita, continuaremos co tema da sílaba e leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas"
Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario