domingo, 19 de xaneiro de 2025

Luns 20 de Xaneiro de 2025

             MOI BO DÍA A TODAS E A                         TODOS!!!!!

Que tal a fin de semana????

IMOS VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE...


1. CALENDARIOCompletamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día. 
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia fonolóxica con distintas actividades. 
Tamén comezaremos nova rutina de palabra do día para repasar contidos. Aquí tedes a plantilla
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Continuamos o Proxecto Nós. Recordade que estamos traballando a Prehistoria e os seus períodos. Hoxe falaremos da Idade dos metais


4. AMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Comezamos unha nova rutina para seguir practicando as situacións problemáticas cos cartos. Deixovos aquí a plantilla
5. Hoxe os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
                   
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 


Luns, 10 de novembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS!!!! DAMOS COMEZO A UNHA NOVA SEMANA DE CURSO NESTE MES DE NOVEMBRO QUE XA COMEZOU... Seguro que fixestes un montón de c...