luns, 20 de xaneiro de 2025

Martes 21 de Xaneiro de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!


Como xa sabedes os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                       

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:


1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.

Continuamos na libreta de Le-lingua traballando as palabras. Hoxe imos a falar dos distintos tipos de palabras. Teño unha pregunta: Todas as palabras serven para o mesmo??
3.ÁMBITO MATEMÁTICO-ARTÍSTICO: Completaremos unha nova ficha de situación problemática cos cartos. E por certo... últimamente ando algo perdido no horario, gustaríavos que aprendéramos xuntos a saber en qué hora vivimos??          
5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Agora xa centrándonos nas disferentes etapas da Historia.

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...