martes, 11 de marzo de 2025

Martes 11 de Marzo de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

Todos os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                                   

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:

1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.
Ademais temos que seguir facendo a lista de adxectivos sobre a " Mestra que eu quero"


3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Seguimos falando de como coidar o noso corpo. Hoxe adicarámolo ao descanso.
VIDEO
4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSITICO: Practicaremos nas tablets contidos relacionados con este trimestre.
Continuamos conmemorando o 8M así que hoxe teremos que rematar a actividade da " Mestra que quero". Ademais contáronme que ides ter unha visita especial, xa me contaredes que tal!

Non vos esquezades de ler o libro viaxeiro!!

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Martes, 9 de decembro de 2025

  BO DÍA DE MARTES !!!! Comezamos esta semana no 2º día de semana, iso quere dicir que estamos nunha semana máis curta que as demais pero co...