luns, 10 de marzo de 2025

Luns 10 de Marzo de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Hoxe comezamos unha semana nova semana de cole.
Unha semana na que conmemoraremos o 8 M que foi o sábado.

Faremos ao longo da semana distintas actividades relacionadas con este día, entre elas:
  • No corredor principal do cole durante esta semana poderedes xogar a "Vida de mestras"un xogo no que tedes que relacionar cada nome ca súa fotografía e poderedes coñecer a súa historia.
  • Veremos unha curtametraxe e traballaremos con ela as emocións.
  • VIDEO
  • Faremos a actividade " A mestra que eu quero": Repartímonos en grupos de catro. O grupo ten que vestir a súa mestra escollendo entre as pezas folio,escribindo sobre cada unha UN ADXECTIVO que indique algunha das características que pensadesque debe ter unha boa mestra.
  • Escoitamos a canción de Guade Galego: Matriarcas. CANCIÓN
Pero ademais, quen é hoxe encaragad@ para lernos o que faremos hoxe?


1. CALENDARIOCompletamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día. 
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: 
Temos que ler o libro viaxeiro a ver como continua a historia...
Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia semántica con distintas actividades. 

3.ÁMBITOMATEMÁTICOARTÍSTICO:
Practicaremos as operacións básicas de suma e resta.
4. MÚSICA E DANZA: Comezades a semana con ritmo ca clase de música de Geni.
                  
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...