xoves, 6 de marzo de 2025

Venres 7 de Marzo de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Pero... xa é VENRES???
Pois si que chegou rápido a fin de semana, verdade????
Pois xa postos comezamos o día... CANTANDO!!!!!

Antes de ver o que imos facer hoxe... onde está o libro viaxeiro?? Estou desexando escoitar como vai a historia...

IMOS VER QUE TOCA FACER HOXE...


1.CALENDARIOCompletamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. 
             

2. AMBITO LINGÜÍSTICO:Practicaremos a escrita creativa utilizando unhas rodas con sustantivos e adxectivos para formar oracións. A ver cántas sodes capaces de formar. Ánimo!!

3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Hoxe falaremos da importancia do exercicio físico. Qué exercicio físico facedes vós para ter unha boa saúde? Mirade este VIDEO



Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA
    
2º B Acabades a mañán con Educación Física e a profe Maricha.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES E FELIZ FIN DE SEMANA!!!!
Volvemos o luns!!!! 
💙💚💛💜


Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...