domingo, 18 de mayo de 2025

Luns 19 de Maio de 2025

 MOI BO DÍA DE LUNS!!!!

Comezamos esta semana cunha festividade especial no cole... AS LETRAS GALEGAS!!!!!


Como ben sabedes estivemos preparando unhas coplas para conmemorar este día, así que despois do recreo todo o alumnado e profesorado do cole festexaremos AS NOSAS LETRAS!!!!!
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Imos xa coas tarefas para o día de hoxe:

Todos os luns os nenos e nenas de 2º tedes clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
NOS ÁMBITOS...


1. CALENDARIO: Completamos a data,a frase do día e o tempo atmosférico.  
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando que tal vos foi nesta fin de semana. Podedes utilizar o formato que queirades: relato, carta, noticia...
A 2ºB virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós cuestións lingüísticas.
3.ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO:
Faremos os retos matemáticos e continuaremos traballando a multiplicación e outros conceptos novos.

4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Ao longo desta semana comezaremos un proxecto novo. Estamos coñecendo o noso arredor e xa aprendimos cousiñas sobre os seres vivos, así que agora temos que falar dos seres inertes... Cómo son? De que están formados? Cómo se fabrican? Quen os fabrica?? 
                 
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 20 de Xuño de 2025

                                           Bos días!!                Chegou o último día deste curos 2024-25. Escoitade esta canción  EL COL...