luns, 19 de maio de 2025

Martes 20 de Maio de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A                         TODOS

🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞🌞
Que ben cantástedes onte as coplas!! 
Foi un traballo xenial.
Sabedes a onde ides mañán??

Ides a Estrada a facer unha xornada de convivencia con outros coles da contorna para apoiar e loitar polo uso da nosa lingua galega.

Recordade que tedes que vir vestidos de negro, e o máis importante é que a camiseta e/ou sudadera que traiades non teña debuxos nin letras por diante nin por detrás xa que imos a personalizala con algo moi especial feito por vós!!


Todos os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.
   
                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío                                        
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos.
1.  CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos traballando cos retos lingüísticos da cociña para rematar facendo a nosa receita especial.
3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO
Empezamos a falar da materia

4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSITICO: 
Faremos os RETOS MATEMÁTICOS DIARIOS para repasar contidos vistos e que non debemos olvidar!!
E como non, seguimos ca práctica da multiplicación de diversas formas.
 Disfrutade do Martes e ata mañán!!




Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...