martes, 6 de maio de 2025

Mércores 7 de Maio de 2025

 BO DÍA DE NOVO A TODAS E A TODOS!!!!

            Que ganas de vervos!!

Qué día é hoxe?

👏👏👏👏👏👏
 2ºA empeza a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
2º B ten clase con Maricha de Educación Física antes do recreo.
Ademais as 11 tedes unha sorpresiña na sala de usos múltiples, xa me contaredes mañan se vos gustou.

CHEGOU O MOMENTO DE VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE...


 1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día. 
                           
2. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO Continuamos coas exposicións, a quen lle toca hoxe? Recordade de ir repasando na casa os contidos que traballamos sobre os seres vivos e os animais xa que pronto faremos o superpregunton.

3.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos practicando e repasando a ortografía cos xogos dos tableiros ortográficos.
4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: 

Continuamos ca práctica desta operación e seguimos tamén traballando as lineas.
Continuamos cas actividades de avaliación.

QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE MÉRCORES!!!!

Ata mañá!!! 
💙💚💛💜💙💚💛💜

Luns 29 de setembro de 2025

MOI BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!  Comezamos a derradeira semana deste mes de setembro, mes no que pasamos da estación do verán á de outono...