miércoles, 7 de mayo de 2025

Xoves 8 de Maio de 2025

  Bos días amiguiños e amiguiñas!!!

Xa estamos a Xoves, rematando esta 1ª semana do mes de Maio.

Recordades que nos viñeron a presentar onte?


Hoxe leerémolo na clase e faremos tarefas nos distintos ámbitos.

 Coma todos os Xoves, os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.


Nos ámbitos...
1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.
                           
2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Leremos o conto da " Bolboreta arlequina" e despois faremos un dictado de comprensión oral na libreta de ler e escribir.

3. ÁMBITO ARTÍSTICO - MATEMÁTICOCentrándonos na historia da bolboreta arlequina, propóñovos un reto!
Tedes que crear unha bolboreta utilizando todas as liñas e figuras xeométricas que poidades. Despois a presentaredes diante dos vosos compañeiros e compañeiras explicando que liñas utilizástedes.
4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO:  Seguimos cas exposicións dos lapbooks e completando o noso libriño de animais 


QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE XOVES!!!!
Ata mañá!!! 
💙💚💛💜💙💚💛💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 20 de Xuño de 2025

                                           Bos días!!                Chegou o último día deste curos 2024-25. Escoitade esta canción  EL COL...