luns, 19 de xaneiro de 2026

Martes 20 de xaneiro de 2026

 

Hoxe é martes, un día perfecto para seguir aprendendo e pasándoo ben. Comezaremos, como sempre, coa asemblea, para organizarnos, falar un pouquiño e poñer o cerebro en marcha (con calma, que aínda é cedo 😄).

Despois traballaremos Matemáticas e Lingua, entre números, letras e algunha cabeza pensante a toda velocidade.

Seguiremos con Inglés coa teacher Rocío, para practicar e soltarnos pouco a pouco.

Logo tocará moverse en Educación Física co mestre Antón, que xa sabemos que sentar todo o día non é boa idea.

E para rematar, teremos Ciencias coa mestra Rocío, chea de curiosidades e cousas interesantes.

Así que mochila lista, sorriso preparado e moitas ganas de aprender.
Vémonos mañá con máis novidades!

Un saúdo,
A profe Sara 💙

Venres, 29 de maio de 2026

  Bo día a todas e a todos!  ☀️ Por fin chegou o venres! Xa temos o fin de semana aquí mesmo, pero antes de desconectar imos aproveitar este...