martes, 20 de xaneiro de 2026

Mércores 21 de xaneiro de 2026

 Bo día!

Hoxe é mércores, 21 de xaneiro, e imos comezar a xornada  escoitando a canción “Xa chega o inverno”, para entrar en ambiente e espertar corpo e mente. 


Despois, iniciaremos o día coa asemblea, organizándonos e compartindo ideas.

Ao longo da mañá traballaremos Matemáticas, resolvendo problemas e poñendo a funcionar a cabeza. Tamén leremos un novo capítulo do Lobo Lupas, que nos ten cada vez máis enganchados, e faremos expresión escrita, creando minihistorias , seguro que saen relatos MOI ORIXINAIS!.

Ademais, teredes Música coa mestra Geni e Ciencias coa mestra Rocío.

Despedímonos por hoxe, cun sorriso e moitas ganas de seguir aprendendo mañá.

Un saúdo,
A profe Sara 💚

Martes, 21 de abril de 2026

  Bo día a todos e a todas! Xa estamos a martes e seguimos con este ritmo imparable. Aquí tedes o menú do día para que non se nos escape nad...