mércores, 21 de xaneiro de 2026

Xoves, 22 de xaneiro de 2026

  

Moi bo día, equipo!

O día xa comezou e nós tamén!
Quentamos a voz, espertamos o corpo e… a cantar os Bos días como só nós sabemos facelo!

CANCIÓN BUENOS DÍAS

Hoxe, comezaremos a xornada, como é habitual, coa nosa asemblea, un momento tranquilo para organizarnos, conversar un pouco e espertar a mente con calma.

Ao longo da mañá traballaremos as linguas, afondando nas palabras, na lectura e na expresión, e faremos tamén a nosa visita semanal á biblioteca.

Non faltarán as Matemáticas, poñendo en xogo o razoamento e o cálculo, nin Plástica. E aquí vai a gran pregunta do día: cal será a manualidade de hoxe? 

Tamén teredes Ciencias coa mestra Rocío.

Seguimos aprendendo paso a paso, con ilusión e ganas.

Un saúdo,
A profe Sara 💙

Martes, 21 de abril de 2026

  Bo día a todos e a todas! Xa estamos a martes e seguimos con este ritmo imparable. Aquí tedes o menú do día para que non se nos escape nad...