🌞 Moi bo día a todas e a todos!
Agardamos que viñerades coas pilas cargadas despois dunha fin de semana estupenda 😊.
Comezamos este novo día compartindo un ratiño xuntos na nosa asemblea, guiados hoxe polo noso encargado ou encargada do día, que será quen nos axude a organizar a xornada.
Para activarnos ao máximo, hoxe imos comezar bailando. Non hai mellor xeito de darlle a benvida a este 2 de marzo que movendo o corpo coa canción:
Unha vez que teñamos o ritmo no corpo, poñerémonos mans á obra:
Linguas e Matemáticas: Seguiremos aprendendo cousas novas ao longo da mañá.
Lectura: Viaxaremos de novo coas aventuras do noso querido Lobo Lupas 📖🐺.
Especialistas: Hoxe tamén nos visitarán a teacher Rocío para Inglés, e as profes Pili e Silvia para Relixión e Proxecto Competencial.
Marzo arranca con moita enerxía e moitas ganas de aprender xuntos! 💙
Un saúdo,
A profe Sara 💙

