luns, 2 de marzo de 2026

Martes, 3 de marzo de 2026

 

Hoxe é martes e temos por diante un día fantástico para medrar xuntos.

Comezaremos coa nosa asemblea, ese espazo  para charlar e preparar o día. Seguiremos dándolle ritmo ás neuronas con Matemáticas e Lingua, antes de lanzarnos a falar en Inglés coa teacher Rocío.

Para manter o equilibrio, despois do esforzo tocará mover o esqueleto no ximnasio con Antón en Educación Física. E como broche final, pecharemos o día explorando o mundo na clase de Ciencias coa mestra Rocío. 

Así que mochila lista, sorriso preparado e moitas ganas de aprender.

Vémonos mañá con máis novidades!

Un saúdo,

A profe Sara 💙

Venres, 29 de maio de 2026

  Bo día a todas e a todos!  ☀️ Por fin chegou o venres! Xa temos o fin de semana aquí mesmo, pero antes de desconectar imos aproveitar este...