jueves, 30 de enero de 2025

Venres 31 de Xaneiro de 2025

BO DÍA DE VENRES A TODAS E A TODOS!!!!                                         


Queredes acabar a semana cantando? 
       A quen temos hoxe de                 encargad@??



1.CALENDARIOCompletamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. Ademais hoxe remata o mes de xaneiro así que completaremos a gráfica do tempo e na libreta de ler e escribir faremos unha expresión escrita sobre este mes de Xaneiro. 
     

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Leremos un novo capítulo do Lobo Lupas e levaremos o libro para facer na casa as actividades correspondentes.

3.ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos cos reloxos e a aprender a decir as horas.
                     
4. COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos cas etapas da historia. Hoxe falaremos e traballaremos a Idade Dixital. A nosa época e levaremos a libreta para casa xa que rematadas as etapas da historia a semana que ven adicarémonos a avaliar o que aprendimos. 



Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA
    

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES E FELIZ FIN DE SEMANA!!!!

Volvemos o luns!!!! 
💙💚💛💜

miércoles, 29 de enero de 2025

Xoves 30 de Xaneiro de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Qué vos pasou hoxe ao entrar no cole?? Escoitaba como decíades... " COIDADO!" " NON PODO PASAR"..

Hoxe é xoves 30 de xaneiro... sabedes o que pasa todos os anos neste día?????
Imos ver un video para que o descubrades...



IMOS REFLEXIONAR UN POUCO...

  • Vós pensades que hai PAZ en todo o mundo?
  • Cómo pensades que é a vida nos países onde non hai PAZ?
  • Qué credes que pasa cos nenos e nenas neses países?
  • Pensades que os nenos e nenas van á escola?
  • Cómo credes que son as súas escolas? 
  • Cómo credes que se sinten cando chegan a elas?
Mirade este video que nos amosa como os nenos e nenas refuxiadas de guerra, que teñen que abandonar o seu país e comezar nunha nova escola noutro lugar do mundo se sinten...
Deixovos tamén este conto que narra a fuxida da
guerra dunha familia e como pai e nai fabulan a viaxe para as
crianzas sufriren menos.
NESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA O MUNDO E PARA TODAS AS PERSOAS IMOS REALIZAR ACTIVIDADES ARTÍSTICAS PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Imos adicalo á elaboración dun mural conxunto sobre as escolas do mundo e os camiños que percorren os nenos e nenas para chegar a elas.
RECORDADE!!!!! 
Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.
AGORA IMOS COAS TAREFAS DESTE DÍA....


1.CALENDARIO: Completamos a data, o tempo atmosférico e a frase do día.

2. ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos practicando as horas no reloxo analóxico e dixital.


3. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos os sustantivos na libreta de Lelingua.

4. HORA DE LER: No tempo de lectura hoxe ven Gabriela a facernos lectura en Inglés!! 

Ata mañán segundinis!!!


QUÉ PASEDES UN BONITO DÍA DE MARTES!!!!

martes, 28 de enero de 2025

Mércores 29 de Xaneiro de 2025

          BO DÍA DE MÉRCORES!!!!!

Estamos xa na metade desta semana.

2ºA empeza a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
2º B ten clase con Maricha de Educación Física antes do recreo.

Comezamos entón as tarefas para este día!!!!

1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.
                           
2.ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos coa medida do tempo, onte falamos dos calendarios e os distintos tipos de reloxos.
Hoxe empezaremos a saber que hora é?
Mirade este vídeo EL RELOJ

3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Continuamos co Proxecto Nós. Hoxe centrarémonos na Idade Contemporánea.

4. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos traballando os tipos de sustantivos na libreta de lelingua e tamén nas tablets.

5. AVALIACIÓN: Faremos tamén unha ficha da asamblea sin axuda para ir vendo si estamos adquirindo os contidos traballados ata o de agora.

Ata mañá!!!!!!

lunes, 27 de enero de 2025

Martes 28 de Xaneiro de 2025

  BO DÍA A TODAS E A TODOS!!


Como xa sabedes os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                       

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:


1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.

Continuamos na libreta de Le-lingua traballando as clases de sustantivos e tamén nas tablets.
3.ÁMBITO MATEMÁTICO-ARTÍSTICO: Completaremos unha nova ficha de situación problemática cos cartos. E empezamos a traballar as medidas do tempo. Mirade este video: EL TIEMPO


5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Hoxe falaremos dunha nova etapa histórica cal será? Síii a Idade Moderna. 


Deixovos un video para que vexades algunhas cousiña que ocurriron nesta época

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

jueves, 23 de enero de 2025

Venres 25 de Xaneiro de 2025

                             BO DÍA DE VENRES A            TODAS E A TODOS!!!!                                         

Cómo acabades a semana? En qué imaxe vos vedes reflexad@s?

Queredes acabar a semana cantando? 
       A quen temos hoxe de                 encargad@??



1.CALENDARIOCompletamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.
             
2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Leremos un novo capítulo do Lobo Lupas e levaremos o libro para facer na casa as actividades correspondentes.

3.ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos cas situación problemáticas nas tendas. 
                     
4. COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos cas etapas da historia. Hoxe falaremos e traballaremos a Idade Media da que xa onte falamos algo, qué recordades sobre ela?


Mirade este video se vos apetece repasar algunha cousiña

Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA
    


QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES E FELIZ FIN DE SEMANA!!!!

Volvemos o luns!!!! 
💙💚💛💜

miércoles, 22 de enero de 2025

Xoves de Xaneiro de 2025

 OLA A TODAS E A TODOS!!!!

Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.

AGORA IMOS COAS TAREFAS DESTE DÍA....


1.CALENDARIO: Completamos a data, o tempo atmosférico e a frase do día.

2. ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos practicando as moedas e os billetes. Na fixa da asamblea e nas tablets.

3. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Repasaremos contidos xa traballados na ficha da asamblea e nas tablets e ademáis seguiremos avanzando cos sustantivos. Hoxe falaremos dos distintos tipos de sustantivos. Deixovos un video por si vos sirve de axuda: SUSTANTIVOS.

4. HORA DE LER: No tempo de lectura hoxe ven Gabriela a facernos lectura en Inglés!! 

Ata mañán segundinis!!!



martes, 21 de enero de 2025

Mércores 22 de Xaneiro de 2025

             BO DÍA DE MÉRCORES!!!!!

Estamos xa na metade desta semana.
Quería facervos unha pregunta... sabedes que son as "Extraescolares"? Cáles vos gustan ou practicades??

2ºA empeza a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
2º B ten clase con Maricha de Educación Física antes do recreo.

Comezamos entón as tarefas para este día!!!!

1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.
                          
2.ÁMBITO MATEMÁTICO: Traballaremos nas tablets actividades relacionadas coas moedas e os billetes.
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Continuamos co Proxecto Nós. Hoxe centrarémonos na Idade antiga e as tres grandes civilizacións: 
4. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos traballando o xénero e o número das palabras rematando as fichas de onte. Comezaremos tamén co 1º tipo de palabras: Os sustantivos... os que teñen a función de nomear persoas, animais, cousas...
Ata mañá!!!!!!

lunes, 20 de enero de 2025

Martes 21 de Xaneiro de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!


Como xa sabedes os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                       

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:


1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.

Continuamos na libreta de Le-lingua traballando as palabras. Hoxe imos a falar dos distintos tipos de palabras. Teño unha pregunta: Todas as palabras serven para o mesmo??
3.ÁMBITO MATEMÁTICO-ARTÍSTICO: Completaremos unha nova ficha de situación problemática cos cartos. E por certo... últimamente ando algo perdido no horario, gustaríavos que aprendéramos xuntos a saber en qué hora vivimos??          
5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Agora xa centrándonos nas disferentes etapas da Historia.

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Venres 20 de Xuño de 2025

                                           Bos días!!                Chegou o último día deste curos 2024-25. Escoitade esta canción  EL COL...