luns, 28 de outubro de 2024

Martes 29 de Outubro de 2024

                        Moi bo día de Martes!!



Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Imos cas rutinas diarias.
1. Completade o CALENDARIO: O tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Seguimos practicando as operacións básicas da suma e a resta. Recordade que vos tedes que fixar moito se é unha SUMA ou unha RESTA!!!!
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO : Continuamos co tema do Planeta Terra. Falábamos da auga como elemento maioritario, vimos as súas caracterísiticas e tipo de auga que atopamos no planeta.
Falemos hoxe dos diferentes estados nos que nos podemos atopar a auga...
                                VIDEO

Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!


domingo, 27 de outubro de 2024

Luns 28 de Outubro de 2024

                                         Moi bos días segundinis!!

Comezamos unha nova semana de cole.

                Hoxe é Luns 28 de Outubro de 2024

    Imos comezar cunha canción relacionada co Samaín ao que adicaremos esta semana.

CANCIÓN 

Os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
No resto da mañá:
1. CALENDARIO: Completamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día.
2. No ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia fonolóxica con distintas actividades.
Continuaremos ademais coas actividades relacionadas co Samaín que comezamos o venres.

Bueno, deixovos traballar...

Ata mañán amiguiñ@s!!





xoves, 24 de outubro de 2024

Venres 25 de Outubro de 2024

                                                               Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Que tal onte de excursión?

Que me podedes contar??

A película que visionáchedes, " O pequeno Nicolás" de seguro vos achegou á escola de antes... que cousas cambiaron que agora non facedes no cole?? Era mellor antes ou agora??

Faladeeee

Contáronme que na Biblio temos libros sobre él, apetécevos seguir coñecendo historias e aventuras del??


                Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Virá a profe Nuria para traballar contidos relacionados co ámbito pero tamén relacionados co Samaín que xa está á volta da esquina.

3. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Practicaremos contidos do ámbito tamén relacionados co Samaín.

4. Comezamos a lectura de Lobo Lupas 2 coa mesma dinámica do curso pasado... leremos en colectivo un capítulo na clase e levaredes o libro para casa para volver a lerllo ás vosas familias e completar as actividades de comprensión de ese mesmo capítulo. Rstou desexando escoitarvos!!

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura en Inglés con GABRIELA!!

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!




mércores, 23 de outubro de 2024

martes, 22 de outubro de 2024

Mércores 23 de Outubro de 2024

 Moi bos días!!

Xa chegamos á metade da semana.




Todos os mércores os nenos e nenas de 2ºA empezades a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
Os de 2º B iredes con Maricha á clase de Educación Física a mover o esqueleto!!

Comezamos xa cas rutinas diarias.
  • CALENDARIO: Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.
  • ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Comezamos ca sílaba... Quen recorda que eran as sílabas??
                                    VÍDEO
                                LA SÍLABA
  • ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Continuamos preparando o xogo dos MONSTRUOSSSS.
Quería preguntarvos... vístedes uns carteis polo cole sobre un concurso de curtametraxes para o samín? Apetécevos participar?? Qué se vos ocorre que podedes facer??
        Vémonos mañán ah non... que mañan ides a Santiago!!, vémonos o Venres e xa me contades que tal o pasástedes!!
Ata o Venres amigos e amigas!!

luns, 21 de outubro de 2024

Martes 22 de Outubro de 2024

                                                Moi bo día de Martes!!

Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Imos cas rutinas diarias.
1. Completade o CALENDARIO: O tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Seguimos practicando as operacións básicas da suma e a resta. Se nos sobra tempo continuamos cas cartas do xogo dos monstruos.
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO : Continuamos co tema do Planeta Terra. Hoxe falaremos de un dos compoñentes maioritarios da terra, cal era??
Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!


domingo, 20 de outubro de 2024

Luns 21 de Outubro de 2024

                               Moi bos días segundinis!!

Comezamos unha nova semana de cole.

Hoxe é Luns 21 de Outubro de 2024

Imos comezar cunha canción recordando os meses e as estacións do ano.

CANCIÓN

Os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
No resto da mañá:
1. CALENDARIO: Completamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día.
2. No ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia fonolóxica con distintas actividades.
Ademáis faremos un dictado e ordenaremos alfabéticamente as palabras.
Teremos PROBA de ABC!
4.No ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: 
Practicamos as restas e continuamos cos números mostruosos e os equipos cooperativos!
Bueno, deixovos traballar...
Empezade polo CALENDARIO
Ata mañán amiguiñ@s!!






Venres, 12 de xuño de 2026

  Bo día a todos e a todas! ☀️ Chegou o venres, e con el a alegría de ter compartido unha semana xenial. Antes de que chegue o descanso, imo...