Bos días!!
Xa chegamos ao final desta semana de cole.
A quen temos de encargad@??
Hoxe é un venres especial xa que rematamos semana pero tamén rematamos no cole o mes de Novembro, o Luns cando nos volvamos a ver xa estaremos no mes de DECEMBRO!!!
Imos cas rutinas:1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. Completamos a gráfica do tempo do mes de Novembro.
2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Na libreta de ler e escribir faremos unha expresión escrita sobre este mes de Novembro. Como foi o tempo, que cousas conmemoramos, que foi o que mais e o que menos nos gustou...
3. Seguimos a lectura de Lobo Lupas 2, un novo capítulo.
4. ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos coas operacións de suma e resta na libreta.
Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura
A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.
E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.
Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!